
TALLER DE SON, IMAXE E COMUNICACIÓN
Nova edición do Taller de Son, Imaxe e Comunicación (5ª Ed.) que desenvolve a Asociación DELOA e a Fundación Paideia en colaboración coa Escuela de Organización Industrial. Aberto prazo de inscrición.
Está dirixido a moz@s desempregad@s e inscrit@s no Sistema de Garantía Xuvenil. Terá lugar entre 14 de decembro e o 16 de febreiro en Padrón (A Coruña). Tras a participación no Taller, existe posibilidade de acceso a estancias de prácticas formativas no estranxeiro ou contratación laboral en empresas galegas.
Máis información e inscricións no telf. 981 817 000.