O Concello reforza a sinalización horizontal en varios puntos da Pobra
Na xornada deste 28 de xuño iniciáronse os traballos de sinalización horizontal no municipio da Pobra do Caramiñal coa finalidade de incrementa-las marcas viarias e aumenta-la visibilidade das xa establecidas, segundo manifesta o concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra).
A dita intervención ten como primeira zona de actuación O Lagar cos obxectivos de reforza-las marcas viarias xa existentes, delimita-los estacionamentos para optimiza-lo espazo destinado para tal fin e mellora-lo tránsito de vehículos longos como, por exemplo, os de emerxencias, en determinados puntos desa área.
Estas tarefas terán continuidade noutros espazos do concello, polo cal a súa duración se prolongará durante varios días.