A Pobra impulsa un Campionato de Futbolín e de Dardos para a mocidade
O toldo da praza Alcalde Segundo Durán converterase no 21 de outubro, ás 20.30 horas, en escenario dun Campionato de Futbolín e de Dardos dirixido á xente nova que supere os 14 anos de idade. O concelleiro da Mocidade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), explica que A Pobra Moza! consiste nunha iniciativa que busca estimular e diversifica-lo ocio da xuventude, a cal terá continuidade nas vindeiras semanas con outras propostas.
Para participar na actividade do próximo venres disponse ata o día 20 para anotarse a través da seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc3ybFauBIHT5_GKTSfe51U97UndERxAcXRVGXFVsXbrzlqZQ/viewform.
Os premios consistirán en vales de compra para empregar en www.deanshop.es cun total de tres distincións en ámbalas disciplinas: 40 euros para o primeiro posto, 30 para o segundo e 20 para o terceiro.
A maiores, a xornada estará amenizada pola cabina Chocolate ata as 01.00 horas.