A Pobra engalana os espazos verdes con plantas de tempada
A Pobra do Caramiñal prepara os espazos verdes para o presente outono. Segundo explica a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), ás tarefas de poda en espazos públicos, súmase o embelecemento con plantas de tempada.
A brigada municipal de xardinaría comezou xa coa colocación de máis de 1250 unidades entre violas, ciclamino vermello, pensamentos e leucophytas en diversas localizacións como os Xardíns de Valle-Inclán, praza de Galicia ou rúa Castelao.