A Pobra contará no 16 de abril cunha nova sesión de Tardes de baile
O Centro Sociocomunitario e de Benestar da Pobra do Caramiñal acollerá no 16 de abril a segunda sesión de Tardes de baile.
Trátase dunha iniciativa organizada en común pola Concellaría dos Servizos Sociais e o dito centro, que achega diferentes opcións musicais no segundo domingo de cada mes ata xuño, de 20.00 a 22.30 horas. Neste mes, por coincidir coa Semana Santa, trasladouse ao día xa indicado.
Inicialmente dirixida a persoas maiores, aspira a converterse en punto de encontro interxeracional de toda a comarca, ademais de dinamiza-la vila aos domingos. En función da resposta da xente, valorarase ampliar esta actividade ata finais de ano.