
Día das Letras Galegas 2023
17 de maio de 2023. Día das Letras Galegas.
Nesta xornada ten lugar un dos pratos fortes da programación do Maio das Letras Galegas 2023 co “Ronsel de verbena”. Dende as 11.00 deica as 14.00 horas, as prazas do núcleo urbano convértense nun punto de encontro coa cultura: percorrido guiado, escenas costumistas, música, bailes, cantos e desfile de traxes tradicionais. Todo isto grazas á implicación de Caramiñas, Eiradela, Arrancadeira, Xiada, Ruadiña e o Museo Valle-Inclán.
Os espazos elixidos son o adro da igrexa do Castelo, os Xardíns de Valle-Inclán, a praza de Maura, a praza de Galicia, a praza Victoriano García Martí e a praza do Cantón da Leña.
#DíadasLetrasGalegas #LetrasGalegas2023