Sesión ordinaria do Pleno da corporación de 25 de maio de 2023
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 25 de maio, a partir das 13.00 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:
- Aprobación actas anteriores (13 de febreiro, 13 de abril e 2 de maio de 2023).
O voceiro do PP intervén para explicar a intención do partido ao que representa de abandonar a sesión de continuar na orde do día os seguintes puntos. Os puntos mantéñense e os/as concelleiros/as do PP abandonan o salón de plenos.
- Proposta da Alcaldía para inicio de expediente para a reversión da xestión da piscina municipal. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).
- Proposta da Alcaldía para aprobación do III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello da Pobra do Caramiñal. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).
Deseguido, procedeuse coa parte de decretos e informes da alcaldía para, posteriormente, dar paso ao seguinte asunto de urxencia.
- Proposta da Alcaldía sobre a cualificación xurídica dun camiño público. Aprobada a urxencia con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE). Aprobada a proposta con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).
Finalmente, abordouse a quenda de rogos e preguntas.
Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.