Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 12 de setembro de 2024
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada do 12 de setembro, a partir das 20.30 horas, a sesión extraordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:
- Proposta de Alcaldía para participar na segunda fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) “POS+Adicional 2/2024” da Deputación Provincial da Coruña. Aprobada por unanimidade.
- Proposta de Alcaldía recurso de reposición-votación pleno 1 agosto 2024. Aprobada por unanimidade.
- Proposta de Alcaldía delegación de competencias para a xestión recadatoria na Deputación Provincial da Coruña. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).
Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.