
Canles de comunicación sobre niños da avespa velutina
A Xunta de Galicia dispón de varias canles de comunicación sobre niños da avespa velutina, ademais do teléfono de contacto 012.
A veciñanza poderá dar aviso tamén a través do enderezo electrónico 012velutina@xunta.gal anexando un formulario onde se inclúan os seguintes datos: persoa que envía o parte (nome e apelidos, teléfono e correo), localización do niño (lugar ou rúa na cal se atopa o niño, localidade ou parroquia e concello) e observacións (calquera datos que se consideren relevantes).




