Últimas Novas

A reciclaxe do aceite da cociña: charlas informativas martes 11 e mércores 12 de febreiro

A reciclaxe do aceite da cociña: charlas informativas martes 11 e mércores 12 de febreiro

         Nos vindeiros martes 11 e mércores 12 de febreiro de 2020, haberá varias charlas informativas, cada un deses días, sobre a reciclaxe do aceite da cociña, que organiza a Área do Medio Ambiente do Concello da Pobra do Caramiñal.

Preténdese dar a coñece-la importancia de usarmos tódolos colectores laranxas de reciclaxe de aceite de cociña que hai polas rúas da nosa vila.

Polas mañás, nos colexios da Pobra e mais despois, ás 12.30 h, na praza de abastos.

Polas tardes:

a) martes 11 de febreiro estaremos no auditorio do Museo Valle-Inclán ás 18 h coa Asociación das Amas de Casa

b) e mércores 12 de febreiro ás 17 h no Centro Sociocomunitario do Benestar

Non as perdan!