A Real Academia Galega (RAG) presenta o III Concurso de Microrrelatos: prazo aberto todo o mes de febreiro
O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello da Pobra do Caramiñal informa a veciñanza de que a RAG (Real Academia Galega) ten aberto o prazo, durante todo o mes de febreiro de 2020, para se presentar ó III Concurso de Microrrelatos.
Pódense consulta-las bases reguladoras completas do dito concurso na páxina da RAG: www.academia.gal
As entidades organizadoras, a RAG e maila Asociación PuntoGal, convocan un primeiro premio, un segundo premio e un terceiro premio tanto na categoría INFANTIL coma na XUVENIL e na ADULTA. Nove galardóns, tres en cada unha das categorías distribuídas por idades para facilita-la participación de todo o público.
Na de infantil poderán participar nenos e nenas de ata 11 anos; na de xuvenil, mozos e mozas de 12 a 17 anos; e na de persoas adultas, calquera maior de idade. Pode participar calquera persoa de calquera nacionalidade. Só se pode enviar 1 relato por persoa, en lingua galega.
As persoas que desexen concursar deberán envia-los textos, de ata 200 palabras e en galego, a actividades@academia.gal deica o día 29 de febreiro de 2020 ás 23.59 h (sábado).
As persoas gañadoras recibirán distintos premios tecnolóxicos —ordenadores, consolas, lectores electrónicos de libros— e relacionados coa lectura. As bases do concurso están dispoñíbeis nesta ligazón. Os relatos gañadores serán publicados nas páxinas das dúas entidades organizadoras e na edición en papel da revista Luzes.
(Máis información sobre outros concursos literarios en lingua galega convocados por organismos públicos galegos:)
https://apobra.gal/concurso-literario-da-egap-polo-dia-das-letras-galegas-para-todalas-nenas-e-nenos-galegos-prazo-ata-21-de-febreiro-de-2020/