Últimas Novas

Cesamento do servizo de felicitación dos aniversarios das nenas e nenos da Pobra do Caramiñal

Cesamento do servizo de felicitación dos aniversarios das nenas e nenos da Pobra do Caramiñal

            O comezo da actual fase de transición permitiu que o confinamento decretado por mor do estado de alarma xa non sexa total para nenos e nenas, que xa poden saír ás rúas. Aínda moi lonxe de que poidan recuperar un contacto mínimo cos seus compañeiros e compañeiras, pero suficiente para que medidas extraordinarias como a adoptada pola Policía municipal, co visto e prace do Concello, as felicitacións por aniversarios de nenos e nenas, deixen de se realizar.

Dende o Goberno municipal queremos agradece-lo grande esforzo que supuxo para a nosa Policía local intentar atender tódalas demandas, que chegaron a ser moi numerosas algún dos días do confinamento. Parabéns polo traballo realizado, tempo haberá de agradecérllelo como merecen.

Lamentamos que non se puidesen atender tódalas peticións. Dende un principio deixouse ben claro que ante calquera actividade propia da Policía no horario sinalado non se podería realizar este servizo de felicitacións.

Moitas grazas