Últimas Novas

II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

0 comments

BASES II PREMIO CARLOS MOSTEIRO 2019

1.º Poderán concorrer ó premio tódalas autoras e autores de calquera  nacionalidade que presentaren os orixinais escritos en lingua galega (de conformidade coas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego aprobadas pola RAG) de obras de creación literaria dirixidas a nenas e nenos de 3 a 12 anos. As obras deberán ser inéditas e non premiadas.

As persoas participantes deberanse atopar ó corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e non estar incursas en ningunha das exclusións previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

2.º As obras poderanse presentar en papel ou en formato dixital (en formato .doc, .odt ou .pdf), preferentemente en soporte CD, no rexistro xeral do Concello da Pobra do Caramiñal ou na sede electrónica (https://apobra.sedelectronica.es). Tamén polo correo ordinario, mensaxaría ou en calquera dos rexistros públicos segundo o estabelecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido ó seguinte enderezo:

Concello da Pobra do Caramiñal

II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

Rúa Gasset, 28

15940 – A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

A presentación realizarase en 2 sobres pechados ou 2 arquivos dixitais co seguinte contido:

‣ SOBRE 1:

No exterior do sobre transcribirase o seguinte:

Sobre n.º 1. II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, Concello da Pobra do Caramiñal” e o título da obra.

No interior do sobre incluirase a obra que no caso de se enviar en soporte papel se presentará por triplicado, en exemplares separados, tamaño DIN A4, e impresos polas dúas caras. Ademais deberán estar numerados, grampados ou encadernados. De se presentar en formato dixital, farase así mesmo por triplicado (3 CD).

En calquera soporte que se presente, na portada indicarase II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, o título da obra e lema ou pseudónimo.

‣ SOBRE 2:

No exterior do sobre transcribirase o seguinte:

Sobre n.º 2. II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, Concello da Pobra do Caramiñal”, e o título da obra.

No interior do sobre incluirase a seguinte documentación:

-1. Solicitude de participación no “II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, Concello da Pobra do Caramiñal”, e a autorización para que o Concello poida recadar da Axencia Estatal da Administración Tributaria e da Seguridade Social os datos que acrediten que o/a participante está ó corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o modelo oficial que podes atopar na web do Concello da Pobra do Caramiñal, de Barbantia ou da Editorial Galaxia.

-2. Documento acreditativo da identidade (copia do DI, pasaporte ou NIE) da persoa autora.

-3. O prazo de recepción de orixinais remata no día 1 de xuño de 2019.

-4. A obra que optar ó premio deberá responder á extensión habitual dos libros pensados para a literatura infantil.

-5. O premio, que poderá quedar deserto se o xurado estimar que ningunha das obras presentadas acada a suficiente calidade literaria, considerará unha única obra gañadora, á cal se lle asigna unha dotación económica de 1500 euros.

Para tal efecto, existe consignación orzamentaria suficiente na aplicación 334.48300 do orzamento municipal para o ano 2019.

O premio estará suxeito ás retencións fiscais que corresponderen.

As obras premiadas serán publicadas na colección Árbore da editorial Galaxia.

As autoras e autores das obras premiadas comprométense a participar nos actos de promoción que a editorial organizar, e a realiza-la presentación no concello da Pobra do Caramiñal.

-6. O xurado estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio na literatura infantil, unha delas da propia editorial. Ademais constará dun secretario/a, con voz, pero sen voto. As decisións do xurado serán inapelábeis.

-7. O ditame do xurado darase a coñecer no día 3 de xullo, e a entrega do premio e presentación do libro será 8 de novembro de 2019.

-8. As obras non premiadas non serán devoltas. A partir do día seguinte á deliberación do xurado serán destruídas.

-9. A presentación a este concurso literario non xera dereito ningún ás persoas participantes ata que for resolto polo xurado e ata que non for outorgado o premio por unha resolución da Alcaldía do Concello da Pobra do Caramiñal. A presentación dos orixinais a este concurso literario supón a aceptación das presentes bases, e o compromiso do/a autor/a de non retira-la obra antes do ditame do xurado, acepta-lo premio se lle for concedido, ou reintegralo de non se cumpriren os requisitos que se estabelecen na convocatoria.

O incumprimento dun ou varios apartados destas bases implicaría a automática exclusión da obra presentada.

BASES-II-PREMIO-CARLOS-MOSTEIRO-2019-2-corrixidas

Impreso-solicitude-participación-concurso-Carlos-Mosteiro-CORRIXIDA

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.