Últimas Novas

III Xornadas Micolóxicas do Concello da Pobra do Caramiñal (prazo de inscrición no concurso fotográfico ata 31 de outubro de 2019 ás 12 h)

III Xornadas Micolóxicas do Concello da Pobra do Caramiñal (prazo de inscrición no concurso fotográfico ata 31 de outubro de 2019 ás 12 h)

  III XORNADAS MICOLÓXICAS DO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL (2019)

Un ano máis, dende o Concello quérese dar a coñece-la micoloxía. Nesta edición a liña argumental das xornadas xira arredor dos cogomelos e os seus aspectos culinarios.

Nos próximos días publicarase o programa destas xornadas que comezarán no mércores 13 de novembro de 2019 e rematarán no domingo 17 de novembro.

Ademais de charlas, haberá  outras actividades, pero, especialmente, mantense o concurso fotográfico de micoloxía, que vai aumentando en número de participantes e calidade das fotografías.

Nesta edición do concurso fotográfico hai algún cambio respecto dos anos anteriores: entre eles os premios, que, despois de escoita-las persoas participantes das edicións anteriores, aumentaron a súa contía.

Coma sempre, esperamos que participedes e sobre todo que desfrutedes destas novas xornadas.

     A seguir, publicámo-las bases reguladoras desta nova edición de 2019 do concurso fotográfico de micoloxía, xunto coas fotografías premiadas en 2017 e en 2018 (o 1.º, o 2.º e mailo 3.º premio de cada ano).

AVISO: O prazo da inscrición previa obrigatoria no dito concurso rematará xoves 31 de outubro de 2019, ás 12 h

(Pódense descarga-las bases íntegras do concurso aquí abaixo tamén en PDF.)

BASES_concurso_fotografía_A Pobra_2019