Últimas Novas

Información da biblioteca municipal Victoriano García Martí da Pobra do Caramiñal: nova prórroga dos préstamos de libros

Información da biblioteca municipal Victoriano García Martí da Pobra do Caramiñal: nova prórroga dos préstamos de libros

            A biblioteca municipal Victoriano García Martí da Pobra do Caramiñal informa a cidadanía de que se produce dende hoxe, mércores 25 de marzo de 2020, unha segunda prórroga de tódolos préstamos bibliotecarios que caducaban a partir de venres 13 de marzo: agora estarán todos automaticamente prorrogados ata o día 11 de abril de 2020.

No caso de que a situación se prolongue, procederase a adiar novamente a data de devolución.

A biblioteca municipal tamén nos quere lembrar que estes días non son os máis axeitados para darmos abrazos ás nosas amizades e persoas queridas, pero son unha oportunidade perfecta para abraza-los libros; polo tanto, mentres agardamos a que pase esta emerxencia sanitaria, anímanos para sacarmos dos estantes algún deses libros esquecidos, lermos algún clásico que sempre deixabamos para unha“mellor ocasión” ou acudirmos ós libros dixitais.

Recordemos que as persoas socias das bibliotecas municipais tendes ó voso dispor esta plataforma de GaliciaLe (https://www.galiciale.gal/), onde continúa a funciona-lo servizo de préstamo electrónico.

Para calquera dúbida ou problema técnico, podedes remiti-la vosa consulta ó correo electrónico da biblioteca: bibliotecadapobradocaraminal@gmail.com

Información telefónica: 981 83 16 33 de luns a venres ata as 15 h

“QUEDA NA CASA” e dálle unha aperta á lectura!