Últimas Novas

XOVES 9 DE XULLO ás 13 h na CASA DA MOCIDADE da Pobra do Caramiñal: xuntanza informativa sobre o curso Industria Musical: Produción de Festivais Musicais

XOVES 9 DE XULLO ás 13 h na CASA DA MOCIDADE da Pobra do Caramiñal: xuntanza informativa sobre o curso Industria Musical: Produción de Festivais Musicais

            Neste xoves 9 de xullo de 2020, ás 13 h na CASA DA MOCIDADE da Pobra do Caramiñal, sita na rúa Condado, n.º 7, da urbanización O Lagar, realizarase unha xuntanza informativa dirixida ás mozas e mozos de entre 16 e 29 anos (ambos inclusive) que teñan interese neste curso gratuíto sobre NOVA FORMACIÓN EN INDUSTRIAS MUSICAIS que ofrece a área da mocidade da FUNDACIÓN PAIDEIA GALIZA xunto coa asociación de desenvolvemento local Deloa, unha das financiadoras xunto coa Escola de Organización Industrial (EOI, de Madrid), o Fondo Social Europeo e mailo Ministerio da Industria, Comercio e Turismo.

 

Industria Musical: Produción de Festivais Musicais

 

EN QUE CONSISTE ESTA FORMACIÓN?
Búscase favorece-lo desenvolvemento persoal e potencia-las competencias individuais ofrecendo formación en diversas temáticas e sectores, propiciando sempre a práctica, o debate e a participación.

  • Hai unha parte de formación en grupos.
  • Hai outra parte individualizada con titorizacións e orientación personalizada.

Curso impartido por profesionais da industria musical e da orientación laboral

CANDO É O CURSO?
Comezamos en xullo,
ata 3 de setembro de 2020
Horario: de 10:00 h a 14:00 h
Formación presencial en grupos: 2-3 días á semana

A QUEN VAI DIRIXIDO?
A mozos e mozas entre 16 e 29 anos con interese na industria musical.
Non é necesaria formación relacionada previa nin coñecementos previos.

COMO SE PODEN FACE-LAS INSCRICIÓNS?
Inscricións ata completa-la capacidade do local
A través do formulario nesta ligazón:

https://www.paideia.es/empleo-juvenil/

Ou contactando nos números

981 817 000 / 981 223 927

juventud@paideia.es / deloa@deloa.es

WhatsApp 606 026 202

Na xuntanza informativa concretaranse as datas de cada un dos obradoiros formativos, estruturados en 5 bloques:

 

1.º Planificación e organización dun evento musical: 30 h

2.º Mercadotecnia e promoción: 20 h

3.º Desenvolvemento persoal: 16 h

4.º Competencias xerais para o emprego: 16 h

5.º Titorización: 10 h