EMPREGO

AXENCIA DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL

A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal, é un servizo municipal de promoción do desenvolvemento económico e que ofrece aos seus usuarios todo tipo de información sobre a creación de emprego, a formación, a dinamización do tecido empresarial existente e a creación de novas empresas, aproveitando os recursos endóxenos do territorio e las posibilidades que ofrecen as axudas e subvencións das distintas administracións.

 

Os seus obxectivos principais son os seguintes:

  • Deseño de actuacións que contribúan ao desenvolvemento do territorio, en base ao estudio da evolución e necesidades do mercado laboral.
  • Difusión das Políticas Activas de Emprego da Xunta de Galicia.
  • Información sobre os recursos existentes para favorecer o desenvolvemento local no ámbito municipal.
  • Asesoramento a emprendedores sobre os trámites necesarios para a construción e posta en marcha dun proxecto empresarial.
  • Acompañamento no inicio de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos.
  • Servizo de atención a empresas coa finalidade de lograr unha maior dinamización do sector: información sobre axudas e subvencións para contratación, etc.
  • Actualización continuada da base de datos de empresas e comercios do municipio.
  • Fomento da utilización de novas tecnoloxías.
  • Promoción do desenvolvemento de actividades formativas atendendo ás demandas de empresas e desempregados.

 

BENEFICIARIOS

Os servizos que ofrece a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local van dirixidos  principalmente a desempregados, potenciais emprendedores, empresas, asociacións e, por suposto, á poboación en xeral.

 

FUNCIÓNS

Asesoramento a emprendedores

Consiste en informar e asesorar a persoas con proxectos empresariais, promovendo a creación de empresas, indicándolles as posibles axudas e subvencións das que se poden beneficiar.

 

Proxectos de formación e creación de emprego

A pesares de que, segundo os datos publicados mensualmente pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, o número de desempregados no noso municipio está sempre por baixo da media nacional e da comunidade autónoma, segue habendo unha bolsa de parados importante e a creación de postos de traballo a nivel local é fundamental tanto para os propios desempregados en si como para o desenvolvemento socioeconómico do municipio xa que a máis empregados máis renda e máis renda implica máis gasto tanto en bens coma en servizos nos comercios e empresas radicadas aquí. Por este motivo, desde o Concello, deséñanse unha serie de plans de creación de emprego, e realízanse as xestións necesarias para obter financiamento público para os mesmos. Entre estes proxectos destacan os seguintes:

 

Programas de Cooperación. Aínda que como tales forman parte das políticas activas de emprego da Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais, tamén poderíamos considerar os diferentes programas que ven deseñando e publicando a Deputación Provincial da Coruña. Con estes programas lévase a cabo a contratación de traballadores desempregados para a realización de obras o servizos de interese xeral e social. As persoas contratadas adquiren unha experiencia profesional para mellorar a súa empregabilidade e poder acceder con posterioridade a un posto de traballo por conta propia ou allea.

 

Obradoiros de Emprego. Encadrados dentro das políticas activas de emprego, son programas mixtos que combinan accións de formación i emprego dirixidos a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas coa finalidade de facilitar a súa posterior integración no mercado de traballo.

 

Cursos formativos. Planificación de cursos de formación dirixidos a desempregados, traballadores en activo, tanto por conta propia coma por conta allea, empresas e poboación en xeral.

 

Bolsas de emprego. Recepción de currículos e tramitación dos mesmos ante posibles ofertas. Posta en marcha de bolsas para cubrir necesidades temporais de contratación nos servizos municipais en colaboración cos distintos departamentos do concello.

 

Seguimento de axudas e subvencións

Desde la Axencia de Emprego y Desenvolvemento Local, faise un seguimento diario de boletíns oficiais para la detección de axudas y subvenciones de todo tipo que se consideren útiles o necesarias para la dinamización municipal en todos os seus ámbitos, desde obras para construción ou mellora de infraestruturas, pasando por actividades culturais, deportivas ou a mellora dos servizos sociais.

 

HORARIO ATENCIÓN AO PÚBLICO

De luns a venres de 8:00 a 15:00 horas

 

TELÉFONO

Teléfono directo: 981 37 76 25

Centraliña: 981 84 32 80 – Ext. 2017

Correo electrónico: aedl@apobra.gal