DEPORTES
A Concellaría dos Deportes ten como funcións esenciais as seguintes:
- fomentar e promove-lo desenvolvemento das actividades físico-deportivas no Concello da Pobra do Caramiñal, a través da programación deportiva anual e implicando as asociacións municipais
- canalizar e fomenta-los deportes escolares e de persoas afeccionadas
- coordinar e xestiona-la utilización das instalación deportivas municipais, así como procura-lo seu mantemento e conservación
- realización de programas deportivos continuados para a poboación en xeral
- colaboración na organización de eventos deportivos
- colaborar e coordinar coas entidades deportivas locais tanto o uso de instalacións deportivas municipais coma a organización das súas actividades
- asesoramento á cidadanía en xeral e ás entidades en materia deportiva
Correo electrónico: deportes@apobra.gal