Volven funciona-los contedores da roupa verdes (Humana)
O servizo de recollida da roupa usada no noso concello está repartido entre tres entidades: Texlimca, con contedores situados no centro urbano (azuis), Humana (contedores verdes) e Cáritas (contedores vermellos), que os sitúan na periferia do centro urbano e na zona rural.
Os contedores da organización Humana (verdes), que estaban fóra de servizo nesta tempada do estado de alarma, xa volven funcionar coma sempre.