
ESPECTÁCULO “MAXIA POLA IGUALDADE”, con FANI TRIANA
SÁBADO 18 DE MARZO ÁS 19.00 H. NO TEATRO ELMA
A nosa protagonista, Fani Triana, chega a casa despois dunha xornada longa de actividades.
Coma a todas as mulleres, o día non remata chegando ó fogar.
A ilusionista creará fantasías cá louza da cociña, vasoiras, roupas, panos, mobiliario do salón, demostrará o sexto sentido e a intuición feminina, e rematará cunha exposición de forza física e mental: a mesma forza que durante décadas levan amosando as mulleres en prol dos seus dereitos fundamentais.
Entrada de balde.