
GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO
No vindeiro venres, 7 de abril, realizarase no noso concello a GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO. Trátase dun evento mediático oficial da Federación Galega de Atletismo.
Realízase unha vez ó ano, tras remata-la tempada de competición, e ten como obxectivo xunta-las/-los mellores atletas do ano nun acto formal para recoñece-la súa valía publicamente.
A gala premia tamén a actuación dos xuíces, clubs, adestradores/as, organizadores/as de carreiras en ruta, concellos colaboradores, deputacións, empresas etc.
Pódense consulta-las persoas premiados: https://www.atletismogalego.org/CIRCULARES/Circular%2027-2017.pdf