
PROGRAMA DE PRESTACIÓN POR FILLOS E FILLAS MENORES DE TRES ANOS
A Xunta acaba de facer públicas as bases polas cales se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2017.
A axuda consiste nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos (nados entre 2 de xaneiro de 2014 e 1 de xaneiro de 2017): 360 euros para o primeiro fillo ou filla, 1200 para o segundo fillo ou filla, e 2400 para o terceiro ou sucesivos/as.
O prazo para facer efectivas as solicitudes remata no 26 de maio de 2017.
As persoas interesadas poden consulta-las bases da convocatoria no DOG núm. 65, de luns 3 de abril de 2017, na web da Consellaría da Política Social, ou nas dependencias dos Servizos Sociais do Concello da Pobra do Caramiñal.