PROGRAMA DE TERMALISMO DO IMSERSO
O programa de Termalismo do IMSERSO ten aberto o prazo de inscrición para as persoas que, reunindo os requisitos esixidos, desexen acollerse ao programa para o ano 2017.
Para ás quendas recollidos para os meses de febreiro a agosto (ambos incluídos), daráselle prioridade ás inscricións formalizadas ata o 13 de xaneiro, estando aberto o prazo de cara a entrar en lista de espera para ocupar posibles baixas, ata o vindeiro 12 de maio.
Polo que se refire ás quendas para os meses de setembro a decembro (ambos incluídos), a prioridade de adxudicación daráselle ás inscricións formalizadas ata o doce de maio, mantendo aberto o prazo para inclusión en lista de espera, ata o 31 de outubro de 2017.
Os usuarios solicitantes, deben ser pensionistas do Sistema de Seguridade Social español.
As persoas interesadas poden consultar as bases do programa ou formalizar a súa inscrición na páxina web do IMSERSO, ou dirixirse ás oficinas de Servizos Sociais.