XORNADAS DE IGUALDADE NA ESCOLA
Co fin de sensibilizar e concienciar ao alumnado de primaria dos centros educativos da Pobra do Caramiñal en materia de igualdade, ponse en marcha unhas xornadas de igualdade na escola. Nestas xornadas, que serán en horario escolar para chegar a todo o alumnado, propoñemos actividades lúdicas e participativas para ensinar, concienciar e educar en igualdade de xénero.