
PORTA PARA O EXTERIOR
Proxección do documental sobre reintegracionismo PORTA PARA O EXTERIOR de Sabela Fernández e José Ramom Pichel o 17 de maio ás 12.00 horas no auditorio do museo Valle-Inclán.
“Porta para o exterior” é un documental que suscita un debate social: o da norma ortográfica, deixado de lado no momento da oficialización da normativa vixente e relegado á invisibilidade durante décadas. Agora, despois de mais de trinta anos aplicando a hipótese de que galego e portugués son dúas linguas diferentes, emerxe de novo, tras evidenciar que o proceso de normalización lingüística se amosa moi lonxe dos resultados prometidos.