OLLADAS NA RÚA II
Exposición de pintura e escultura ao aire libre.
O sábado 9 de setembro a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal organiza nos Xardíns de Valle-Inclán, a exposición “Olladas na Rúa II”. Nesta 2ª edición participan 21 artistas da Barbanza:
Escultura: Ricardo Dávila,Manuel Teira, Jontxu Argibay, José Gude, Roberto Figueira, Nuco Losada e Cayetano Sánchez.
Pintura: Alfonso Costa, Xoán Fernández, Paola García Paz, Amalia Costa, Mª Teresa González, Amparo Fuentes, Julia Gema Fdez. Pla, Lisardo Ageitos. Teresa Argibay, Pitusa Rivas, Isa Soler, Loli Rigueira, Xerardo Crusat, Antonio López e Che Tembra.
A Exposición poderase visitar ata as 21.00 h.
Ademais tamén nos xardíns, para os pequenos, levarase a cabo un obradoiro de debuxos desde as 18.00 h ata as 20.00 h. a cargo de Elena Fuentes e Julia Gema Plá. Todos os nenos/as que queiran vir a pintar serán agasallados cunha caisiña de pinturas.