“A DOCE VITA. Sons de Cine”, 21 de decembro ás 21 horas no teatro cine Elma
Sesión musical ó ritmo de jazz. Nesta actuación o público asistirá a un percorrido por grandes bandas sonoras do cinema, a ritmos e modos de interpretación da mellor música contemporánea.
Iniciativa incluída dentro do programa de actividades do 150.º aniversario de Valle-Inclán, desta vez patrocinada pola Deputación da Coruña. Organizan o Museo Valle-Inclán e o Concello da Pobra do Caramiñal.
Os intérpretes son:
Vita Ivaskevica: voz
Rafa Otero: guitarra e voz
Pablo Vidal: contrabaixo, melódica e voz
Noli Torres: batería