
VOLUNTARIADO LOCAL
A acción voluntaria é unha manifestación práctica da conciencia solidaria da cidadanía, na procura dunha sociedade mellor, da cal moitas persoas xa fan parte achegando valores, reflexións, recursos… comprometendo, de xeito altruísta, o seu tempo, en beneficio doutras persoas e da sociedade en xeral.
Trátase dun valor en aumento en toda sociedade moderna do cal tódalas persoas podemos facer parte e que, no Concello da Pobra, hai anos que vén funcionando en distintas formas de manifestación: no ámbito educativo, apoio nas actividades do CAD, acompañamento das persoas maiores a citas médicas… ámbitos que se poden estender a outros eidos como o cultural ou o deportivo.
As persoas interesadas en se faceren voluntarias ou obteren máis información pódense dirixir ás dependencias dos Servizos Sociais, sitas na rúa Castelao, 1.