XIX EDICIÓN DAS XORNADAS DE HOMENAXE A VALLE-INCLÁN
Esta iniciativa de dinamización cultural e de interese sociocomunitario que promove o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal articúlase na celebración da efeméride do aniversario do nacemento do universal escritor e o centenario do seu estabelecemento no Casal da Mercé (en 1917).
Trátase dunha iniciativa de ámbito galego na cal estarán presentes actividades como teatro, monicreques, recitais, concertos, publicacións, conferencias, exposicións etc. destinados a públicos de tódalas idades.
A súa axenda desenvolverase durante o mes de outubro, en especial nos venres e sábados, grazas ó patrocinio da Secretaría Xeral da Cultura da Xunta e ó Concello da Pobra do Caramiñal, contando coa colaboración de entidades como Asociación Amigos de Valle-Inclán, a ACAMFE, a Cátedra Valle-Inclán da USC, a Fundación Valle-Inclán, Entre Caricaturas, Asociación Gandaina, Caramiñas da Asociación Amas de Casa, Asociación Tanxedoira e tódalas entidades valleinclanianas galegas.