
Prazo ata 19/07/2019: axudas ás familias para a escolarización, curso 2019-2020
Poderán ser beneficiarias destas axudas tódalas persoas empadroadas no Concello da Pobra do Caramiñal que durante o curso 2019-2020 cursen estudos de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria, nos centros sostidos con fondos públicos do termo municipal da Pobra do Caramiñal, que formen parte de unidades familiares que se atopen incluídas en programas de intervención familiar dos Servizos Sociais municipais ou que presenten unha grave situación de desvantaxe ou risco social e cumpran os requisitos estabelecidos na presente convocatoria.
O prazo para entrega-las solicitudes está xa aberto, ata o día 19 de xullo de 2019.
As bases reguladoras completas destas axudas, así como os modelos de documentación que cómpre entregar, son os seguintes:
Bases axudas escolarización 2019-2020
Solicitude de axudas para a escolarización curso 2019-2020
Pódese obter máis información na área dos SERVIZOS SOCIAIS do Concello da Pobra do Caramiñal, no edificio sito na rúa Castelao, n.º 1:
tfn. 981-83.27.64
cad@apobra.gal
servizos.sociais@apobra.gal