En agosto continúan as viaxes en catamarán dende A Pobra do Caramiñal
Domingo 21 de xullo de 2019 viaxaremos á illa de Ons: sairase ás 9.00 h do porto náutico da Pobra do Caramiñal e regresarase ás 17:30 h aproximadamente.
Cada adulto/a deberá pagar 21€ e cada neno/a de 4 a 12 anos, 12€. Inclúe o transporte de ida e volta e mais unha ruta guiada.
Domingo 4 de agosto de 2019 viaxaremos ás illas Cíes: sairase ás 9.00 h do porto náutico da Pobra do Caramiñal e regresarase ás 19:30 h aproximadamente.
Cada persoa adulta deberá pagar 25€ e cada neno/a de 4 a 12 anos, 15€. Inclúe o transporte de ida e volta e mais unha ruta guiada.
Domingo 25 de agosto de 2019 viaxaremos viaxaremos pola Ruta Xacobea do Mar da Arousa e Río Ulla.
A hora de saída dependerá da marea.
Durante a viaxe iranse explicando os lugares de interese. Quen o desexar poderá levar algún petisco, aínda que haberá ágape de empanada e viño.
No catamarán iremos navegando por parte da Ruta Xacobea marítimo-fluvial do Mar da Arousa e Río Ulla, a cal conmemora o traslado do apóstolo Santiago dende Palestina ata Iria Flavia.
É unha ruta de gran riqueza paisaxística e cultural. No seu transcurso polo río Ulla verase a costa de ámbolos lados da ría da Arousa: Boiro, Vilagarcía de Arousa, Rianxo, Catoira e Pontecesures; praias, calas, cabos, enseadas, pontes, os cruceiros que pertencen ó único viacrucis marítimo-fluvial do mundo, as torres de Oeste.
As prazas son limitadas. As persoas interesadas en calquera das viaxes deben reservar e realiza-lo pagamento antes do día da viaxe, da seguinte maneira:
- A través da páxina web da empresa navieira: www.piratasdenabia.com
Tódalas persoas deberán facilita-los seguintes datos: nome e apelidos e número de documento de identificación.
- Teléfono 986 320 048, no horario de 9:00 a 20:00 h
Tódalas persoas viaxeiras deberán facilita-los seguintes datos: nome e apelidos, número de documento de identificación.
Para realiza-lo pagamento deberá proporcionar un número de tarxeta (nunca o PIN), coma se se tratase dunha compra pola Internet. Recibirá un correo electrónico coa confirmación da compra, que deberá presentar no barco o día da viaxe para retira-los seus billetes.
Informarémolo/a:
- na Casa Mariñeira (oficina de turismo) en horario de luns a venres das 10:00 ás 14:00 h e das 18:00 a 20:00 h
- no punto de información turística da Pobra do Caramiñal instalado no Museo Valle-Inclán en horario de martes a sábado, das 11.00 ás 14.00 h e das 18.00 ás 20.00 h
- chamando ó número de teléfono 671 090 262 ou ó 687 482 835
na páxina do Facebook oficial de Turismo, chamado Turismo A Pobra do Caramiñal, ou tamén a través desta web municipal: apobra.gal
É unha iniciativa da Concellaría de Turismo da Pobra do Caramiñal.