Volve funciona-lo punto limpo e o servizo de recollida de utensilios domésticos
No próximo luns 18 de maio reiníciase a actividade no punto limpo municipal e o servizo de recollida de residuos voluminosos (mobiliario, utensilios, colchóns etc.).
Os horarios de atención ó público no punto limpo son de 10:00 a 13:00 de luns a sábado.
Neste espazo será imprescindíbel mante-las medidas de seguridade estabelecidas para a prevención da transmisión do COVID-19.
A recollida de residuos voluminosos en puntos próximos ós domicilios será mediante o AVISO PREVIO no teléfono 981-871808, onde o servizo de atención ó público da concesionaria de recollida de lixo determinará o día e hora da recollida.
Dende o Concello da Pobra do Caramiñal facemos un chamamento á responsabilidade da veciñanza para activar este servizo coa maior seguridade posíbel.