Campaña da Sogama para a xestión dos residuos derivados da COVID-19
A Sogama acaba de lanza-la campaña Non enmascares a túa responsabilidade: as máscaras desbotables, ao contedor da fracción resto, mediante a cal se explica como debe actuar a cidadanía para evitar que os novos residuos derivados da COVID-19 (máscaras, toalliñas desbotábeis, luvas…) acaben abandonados na contorna natural.
Na seguinte ligazón disponse de información básica sobre o impacto ambiental destes refugallos, así como as boas prácticas que cómpre adoptar para xestionalos axeitadamente: http://www.sogama.gal/gl/campanha/non-enmascares-t%C3%BAa-responsabilidade-m%C3%A1scaras-desbotables-ao-contedor-da-fracci%C3%B3n-resto
Dispoñíbel o vídeo e cuña radiofónica.