
Procedemento administrativo para o permiso de conducir en 2021
A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) é o organismo encargado de concede-los permisos de conducir ás persoas aspirantes a poderen ser condutoras. Para iso, débense presentar a un exame teórico e a outro práctico nos cales demostrarán os seus coñecementos sobre as normas de circulación e as súas habilidades conducindo. Só se son aptas en ámbalas probas obterán o permiso de conducir.
Ao longo da historia do organismo, tanto o contido do código coma a súa avaliación cambiaron. Así, as autoescolas vense na obriga de adapta-lo seu material e os seus métodos. Para prepara-lo exame teórico, as persoas candidatas poderán empregar tanto manuais clásicos de circulación coma material en formato dixital. O exame práctico realizarase unha vez superado o teórico.
Os trámites que cómpre seguir para solicita-la realización das probas tamén se actualizaron. Na seguinte ligazón poden atopar toda a información relativa ao permiso de conducir e medidas fronte á COVID-19: https://sede.dgt.gob.es/es/permisos-de-conducir/obtencion-renovacion-duplicados-permiso/permiso-conducir/