
Gráfica coa evolución da pandemia na Pobra para este 24 de abril
Actualización da gráfica respecto da evolución da pandemia no noso municipio para este 24 de abril de 2021.
O parámetro de cor verde representa o número de casos nos últimos 14 días; mentres que a liña vermella curva traza a media dos casos dos últimos dez días: o que se chama a media móbil. Ten a utilidade de indicar mellor a tendencia que segue a pandemia, pois é menos sensible ás variacións bruscas que se poden dar dun día para outro pero que non se manteñen no tempo. Por este motivo, a súa forma é máis suave ca a do parámetro anteriormente mencionado, non crece de maneira tan acusada cando hai subidas bruscas, pero, en consecuencia, tamén se dobrega con máis dificultade.
Observamos como ámbolos indicadores descenden, pero cómpre non baixa-la garda.
Finalmente, a liña vermella máis grosa, a horizontal, sinala o límite dos 250 casos por cada 100 000 habitantes.