Traballos da Ecobrigada da Asociación Amicos
A Ecobrigada da Asociación Amicos continúa cos labores de roza e acondicionamento das marxes das estradas do concello.
As tarefas iniciáronse no mes de abril e xa pasaron por diversas áreas do termo municipal tales coma O Maño, A Ribeiriña, Santa Cruz ou A Angustia, entre outras. Nestes días atópanse traballando na zona do Campiño e da Mirandela.
O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría dos Servizos Municipais, da cal é titular a edil Estefanía Ramos (Nós Pobra), conta con esta brigada, igual que vén facendo nos últimos anos, para estes traballos de mantemento debido ao seu bo facer ao tempo que se contribúe á inserción e normalización no terreo laboral das persoas con discapacidade.