Gráfica coa evolución da pandemia na Pobra para este 2 de agosto
Deixámoslles unha nova gráfica respecto da evolución da pandemia no noso municipio para este 2 de agosto de 2021.
Lembramos que o parámetro de cor verde representa o número de casos nos últimos 14 días; mentres que a liña vermella curva traza a media dos casos dos últimos dez días: o que se chama a media móbil. Ten a utilidade de indicar mellor a tendencia que segue a pandemia, pois é menos sensible ás variacións bruscas que se poden dar dun día para outro pero que non se manteñen no tempo. Por este motivo, a súa forma é máis suave ca a do parámetro anteriormente mencionado, non crece de maneira tan acusada cando hai subidas bruscas, pero, en consecuencia, tamén se dobrega con máis dificultade.
A 14 días baixan catro casos con relación á xornada de onte.
Finalmente, a liña vermella máis grosa, a horizontal, representa o indicador dos 150 casos por cada 100 000 habitantes.
Páxina web sobre datos do coronavirus: https://coronavirus.sergas.gal/datos/#/gl-ES/galicia