A actuación de The Tetas’ Van trasládase á praza Alcalde Segundo Durán
O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que, debido á choiva, a actuación de The Tetas’ Van, prevista para este 17 de setembro, ás 21.00 horas, vai ser trasladada á praza Alcalde Segundo Durán, onde se dispón dun toldo.
Enmárcase na programación cultural do Nazareno para este 2021 posta en marcha pola Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).
As prazas cubriranse pola orde de chegada ata completa-la cabida e seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.