Listaxe provisional respecto do curso de iniciación á lingua de signos
Xa está publicada tanto no taboleiro de anuncios coma na sede electrónica do Concello a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas con respecto ao curso de iniciación á lingua de signos, dando un prazo de tres días hábiles para corrixir posibles defectos e presentar alegacións.
De non se presentar alegación ningunha, a dita listaxe considerarase definitiva, unha vez transcorrido o prazo correspondente.
A ligazón á sede electrónica do Concello é a seguinte: https://apobra.sedelectronica.es/info.0.