Retransmisión das IX Xornadas Muller e Ciencia
No 2 de marzo terá lugar a novena edición das Xornadas Muller e Ciencia que impulsa a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal para pór o foco no papel da muller na ciencia. Esta convocatoria atópase conformada por dúas conferencias sobre deporte e microplásticos que se impartirán, en horario de tarde, no Auditorio do Museo Valle-Inclán. A entrada é libre ata completa-la cabida.
Co obxectivo de favorece-la asistencia das persoas interesadas, disponse dun obradoiro de conciliación para a rapazada.
Tamén existe a opción de segui-los coloquios vía streaming a través da canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal: https://www.youtube.com/watch?v=KNjYwdinaBM.