
Información relativa á celebración de San Xoán
O Concello da Pobra publica toda a información relativa á celebración da festividade de San Xoán. En concreto, o Concello recolle nun bando as condicións para realizar cacharelas en espazos públicos e privados, así como o modelo de solicitude.
As solicitudes deberán entregarse antes do 19 de xuño no rexistro municipal ou na sede electrónica indicando o lugar exacto da fogueira (as que se remitan con posterioridade non contarán con autorización municipal). A persoa asinante será a responsable da fogueira e do cumprimento de todas as normas recollidas no presente bando.
Bando San Xoán Concello da Pobra do Caramiñal
Solicitude San Xoán Concello da Pobra do Caramiñal



