
UN XOGUETE UN MUNDO
A Concellaría de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha un ano máis, a campaña informativa de Nadal “Un xoguete, un mundo”, con esta iniciativa quérese ofrecer a toda a poboación información que axude a unha boa elección do xoguete, a través da concienciación e sensibilización en canto á importancia que ten o xogo, e fomenta-lo uso de xoguetes que transmitan valores positivos e educativos.
Esta información será distribuída polas distintas dependencias oficiais, centros educativos e asociacións do municipio.