
O Pleno extraordinario para a aprobación inicial dos orzamentos municipais de 2026 celebrarase este venres
O Concello da Pobra do Caramiñal celebrará este venres, 17 de xullo, ás 12:00 horas, un Pleno extraordinario no Salón de Plenos da Casa do Concello para debater e someter á aprobación inicial o Orzamento Municipal para o exercicio 2026. A convocatoria inclúe un único punto na orde do día: a aprobación inicial das contas municipais para o vindeiro ano.
A sesión será pública e poderá seguirse tanto de maneira presencial no Salón de Plenos da Casa do Concello como en directo a través da canle oficial de YouTube do Concello da Pobra do Caramiñal, facilitando así que toda a veciñanza poida coñecer o desenvolvemento do debate: https://youtube.com/live/uIq82XK5tSg?feature=share
O Goberno municipal anima á cidadanía a asistir ao Pleno ou a velo en directo a través da retransmisión en liña. Trátase dun dos debates máis relevantes do ano, xa que permitirá analizar o proxecto de orzamentos que marcará a planificación económica e as principais actuacións municipais previstas para o exercicio 2026.


