
A Pobra celebrará este xoves unha nova sesión ordinaria do Pleno municipal
O Concello da Pobra do Caramiñal celebrará este xoves, 6 de agosto, ás 12.00 horas, unha nova sesión ordinaria do Pleno municipal no salón de plenos da Casa do Concello.
Na sesión abordaranse distintos asuntos de interese municipal, entre eles a aprobación das actas das sesións anteriores, a dación de conta dos decretos da Alcaldía e asuntos varios, diversas propostas da Alcaldía, as mocións presentadas polos grupos municipais e a quenda de rogos e preguntas.
A veciñanza poderá asistir presencialmente á sesión ou seguila en directo a través da canle oficial de YouTube do Concello.
Achégase a orde do día: Resolución_Decreto de Alcaldía
Canle oficial de YouTube do Concello da Pobra do Caramiñal: https://youtube.com/live/4e6p0btLiYE?feature=share


