Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XXI visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XXI visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN 

         Nesta xeira volvemos cunha creación de Domingo Regueira, da serie Borranchos, para ilustrarmos un fragmento dunha das pezas teatrais da triloxía das Comedias bárbaras de Valle-Inclán.

Non a perdades!

 

Peza do día: martes 7 de abril de 2020

BORRANCHOS: aproximación á obra de Valle-Inclán

Serie plástica creada por Regueira

CARA DE PLATA

Domingo Regueira

Tinta, augada de tinta en papel

2018

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

 

O ABADE ― Arreda, blasfemo!

O CABALEIRO ― Sacrílego!

BOUREO DE VOCES ― Montenegro! Negro con pauliña! Negro excomungado!

[…]

O CABALEIRO ― Atrás!

VOCES DE VELLAS ― Cristo! Cristo! Cristo! Santísimo Cristo azoutado! Féchate, noite! Cubre este espanto!

O CABALEIRO ― Cara de prata, bótalle enriba o cabalo a esa morea de alcaiotas!

(Valle-Inclán: Cara de prata. Comedia bárbara, 1922)

 

(Cita orixinal castelá)

 

EL ABAD. ― ¡Arrédrate, blasfemo!

EL CABALLERO. ― ¡Sacrílego!

CONFUSIÓN DE VOCES. ― ¡Montenegro! ¡Negro con Pauliña! ¡Negro excomulgado!

[…]

El CABALLERO. ― ¡Atrás!

VOCES DE VIEJAS. ― ¡Cristo! ¡Cristo! ¡Cristo! ¡Santísimo Cristo azotado! ¡Ciérrate, noche! ¡Cubre este espanto!

EL CABALLERO. ― ¡Cara de Plata, échale encima el caballo a esa punta de alcahuetas!

(Valle-Inclán: Cara de Plata. Comedia bárbara, 1922)

Pódese consulta-las pezas comentadas nas outras visitas virtuais na área propia do Museo Valle-Inclán, nesta ligazón:

https://apobra.gal/category/museo-valle-inclan