Últimas Novas

O Concello da Pobra do Caramiñal elabora lentes protectoras para o persoal sanitario e o municipal

O Concello da Pobra do Caramiñal elabora lentes protectoras para o persoal sanitario e o municipal

            O Concello da Pobra do Caramiñal está a traballar coas impresoras 3D da Casa da Mocidade na elaboración das lentes de protección para persoal sanitario e do Concello. Queremos agradece-la colaboración e coordinación da empresa Tecelán , así como a doazón das láminas da empresa Arnoia Distribución de libros S. A. e a subministración de gomas por parte de Pizpireta Mercería.

Moitas grazas a todas elas!