
Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, X visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!
COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA
VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN
Hoxe imos xa coa nosa visita virtual guiada número dez!
Esta semana témola toda dedicada ó don Ramón del Valle-Inclán republicano, escritor e figura pública, como ben poderedes comprobar en tódalas citas literarias que imos publicando nestes días.
Nesta décima xeira do noso ciclo, mostrámosvos máis unha imaxe do artista Siro López, quen ten toda unha serie dedicada ó noso ilustre escritor.
E lembrade que tódolos días teredes unha visita virtual guiada a este voso museo, mais sempre QUEDANDO NA CASA!
Peza do día: venres 27 de marzo de 2020
VALLE-INCLÁN: retratos, caricaturas e visións
Serie plástica creada por Siro
Caricatura X
Témpera sobre papel
Siro [Siro López]
2007
Orixinal
Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)
Polos telegramas desta prensa rexional e gaiteira teño un barrunto do que debeu se-lo seu discurso-ariete. Supoño que ós amigos da revolución e restauración republicana se lles ocorreu publicalo con listas de subscritores e doantes. Quérome honrar figurando no número duns e doutros.
(Valle-Inclán, cartas a Manuel Azaña, Santiago, 22-IIII-1935)
(Versión orixinal castelá)
Por los telegramas de esta prensa regional y gaitera tengo un barrunto de lo que debió haber sido su discurso-ariete. Supongo que a los amigos de la revolución y restauración republicana se les habrá ocurrido publicarlo con listas de suscritores y donantes. Quiero honrarme figurando en el número de unos y otros.
(Valle-Inclán, cartas a Manuel Azaña, Santiago, 22-IIII-1935)