SESIÓN INFORMATIVA AXUDAS LEADER (A POBRA DO CARAMIÑAL)
No martes 13 de marzo de 2018, ás 19.45 h, terá lugar no local do coworking (antigo restaurante O Lagar) da Pobra do Caramiñal, na rúa Condado n.º 7, a sesión informativa das axudas LEADER, destinadas á execución de proxectos de desenvolvemento rural e xestionadas pola “Asociación de Desarrollo Local DELOA”. Difundiranse as axudas dispoñíbeis para as PEME, persoas emprendedoras e asociacións dos concellos de Boiro, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Rois.
Se tes un proxecto empresarial ou de interese público podes optar ás axudas LEADER e dende a “Asociación de Desarrollo Local DELOA” informarásete das posibilidades de axuda existentes e da súa tramitación.
01_Folleto_informativo_da_Medida_Leader_Galicia_2014_2020