![](https://apobra.gal/wp-content/uploads/2018/12/Sin-título2.png)
MALASOMBRA TEATRO “OS ROCKENSTEIN”.
27 de decembro ás 18.00 h no Teatro Elma. Entrada de balde.
O doutor Rockenstein é un gran profesor, un gran científico, un inventor, pero tamén é un melómano consciente de que a boa música está a desaparecer do planeta. Para remedialo, no seu laboatorio decide crear un ser vivo, unha criatura e convertela nunha verdadeira estrela musical que salve ao mundo da desaparición do Rock´n Roll, e para iso, mestura na súa máquina de experimentos os ingredientes necesarios para crear unha estrela do rock: Un disco dw os Kiss, un póster dw os Rolling Stones, un calcetín do guitarrista de ACDC, un rizo de Tina Turner, unha chapa de Rosendo…
Por medio desas cancións, ese trío de futuras estrelas do rock aprenderá a importancia de vestirse e asearse, de alimentarse ben, a importancia de aprender cada materia que lles ensinan no colexio , a importancia de saber escoller un oficio, de coñecer o mundo e as persoas tan diferentes que o habitan, e tamén o importante que é aprender a saber coidar dun mesmo cando é necesario.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.