Últimas Novas

Reapertura do mercado ambulante semanal de tódolos mércores: 13 de maio no lugar habitual

Reapertura do mercado ambulante semanal de tódolos mércores: 13 de maio no lugar habitual

REAPERTURA DO MERCADO AMBULANTE SEMANAL DA POBRA

 

O mercado ambulante semanal da Pobra do Caramiñal está de volta!

Dende mañá, día 13 de maio de 2020, terá lugar tódolos mércores e no seu lugar habitual, sempre respectando a distancia mínima de 2 metros entre os postos e outras medidas de seguridade e hixiene en cumprimento da normativa sobre o COVID-19 para favorece-las compras dos consumidores e consumidoras coa máxima seguranza.

O mercado semanal, que será de momento soamente agroalimentario, contará con postos de alimentación, froitas, verduras, hortalizas, legumes e tamén de plantas, sementes e flores.

Dende o Concello da Pobra do Caramiñal facemos un chamamento á responsabilidade da veciñanza para o podermos levar a cabo coa maior seguridade posíbel.

Esperámosvos!!